A revista Grial apareceu por vez primeira en 1951, pero unha suspensión administrativa obrigouna a un silencio de máis de dez anos. Reapareceu en 1963 e desde entón non deixou nunca de publicarse. O espírito universal que lle imprimiron os seus fundadores —servir de guía responsable da actividade cultural galega e facer de ponte para a incorporación da cultura universal a Galicia— segue a ser o mesmo que preside a elaboración da revista na actualidade. Despois de todo, esta publicación leva o nome dunha fermosa lenda que é patrimonio cultural de toda Europa, pero que está tamén presente na historia e arte galegas. En Grial aparecen traballos que obedecen ao propósito duplo de informar sobre a realidade de Galicia ao tempo que se informa e reflexiona sobre os máis diversos aspectos da cultura universal.
Grial
III Foro Grial Impacto social da ciencia e da tecnoloxía
A China e as estratexias experimentais fronte á crise climática
Desenvolvemento rural e ciencia Ciencia ao servizo da xente e do territorio: exemplos desde a Fundación Juana de Vega
Ilusións
A ciencia mide, a anticiencia, opina Pensar cara adiante na era da medicina personalizada
Greenwashing e silenciamento epistémico en Galicia Análise do discurso de Greenfiber (Altri)
Por que o tempo vai cara adiante e non cara atrás?
Ilustrar o idioma, alumar a nación Castelao na revista Nós e no Seminario de Estudos Galegos
Dúas cartas de Xosé Núñez Búa e Luís Seoane ao Partido Galeguista (1946-1947)
Nailía
O camiño circular
O espello das letras
Ao redor de Ensaios sobre o efémero, de Vítor Vaqueiro
O percorrido editorial dunha novela Limiar para O silencio redimido
O Prometeo “marondo”, na procura dunha xenealoxía queer na literatura galega
A luz dun home na sombra Discurso de homenaxe a Basilio Lourenço
Carta de Corea Anotacións dunha viaxe
Á mesa!
Arte terapéutica a través de dúas series inéditas de Maruja Mallo: armaduras, desertos e catástrofes
XXV Premio de Ensaio Ramón Piñeiro
Jacinta Landa, corazón galego desde México (1984-1993)
Ferror Records: dez anos de autoxestión e contracultura (2015-2025)
Normas de publicación GRIAL