A revista Grial apareceu por vez primeira en 1951, pero unha suspensión administrativa obrigouna a un silencio de máis de dez anos. Reapareceu en 1963 e desde entón non deixou nunca de publicarse. O espírito universal que lle imprimiron os seus fundadores —servir de guía responsable da actividade cultural galega e facer de ponte para a incorporación da cultura universal a Galicia— segue a ser o mesmo que preside a elaboración da revista na actualidade. Despois de todo, esta publicación leva o nome dunha fermosa lenda que é patrimonio cultural de toda Europa, pero que está tamén presente na historia e arte galegas. En Grial aparecen traballos que obedecen ao propósito duplo de informar sobre a realidade de Galicia ao tempo que se informa e reflexiona sobre os máis diversos aspectos da cultura universal.
Turismo en Galicia. É 2027 un Rubicón? • O modelo turístico de Galicia
Unha ollada sociolóxica ao turismo • Viaxar para entendérmonos
A transformación do turismo en Galicia, 2013-2026 • Crecer conservando a autenticidade
Galicia, territorio para un ecoturismo comprometido • Alfonso Polvorinos Ovejero é biólogo, escritor, formador e divulgador. É asesor técnico sobre ecoturismo, turismo de natureza, turismo responsable e sustentabilidade.
Capacidade de carga
A sedución da palabra, esencia da literatura infantil e xuvenil
Os equipamentos culturais • Un apuntamento sobre a historia e os dilemas do presente
A transición enerxética da frota costeira galega • Metanol, pegada de carbono e valor estratéxico do produto de ría
O xeógrafo que viaxaba en autobús
A disolución do Partido Popular Galego e a orixe de Realidade Galega (1979)
Destino verde • Sueste da baía de Galway, o Burren e as Illas Aran
Oversize
Terra baixo as uñas
O espello das letras
O galego en Portugal no século XVI • Henrique Monteagudo é catedrático de Filoloxía Galega na Universidade de Santiago de Compostela, director da Cátedra Institucional Castela e presidente da Real Academia Galega.
Reivindicación intempestiva de Ánxel Fole escritor de xornais • Ánxel Fole: sobre o Holocausto xudeu II
Xosé Luís Franco grande: poeta xigante e faro de galeguidade • Texto lido na presentación de Un intre no tempo. Poesía reunida. 1967-2017, en Santiago de Compostela en febreiro de 2026
O maxisterio historiográfico de Ramón Otero Pedrayo • Ramón Villares é catedrático emérito da USC, da que foi reitor (1990-1994), presidente do Consello da Cultura Galega (2006-2018) e membro da RAG. Discurso lido na entrega do Premio Trasalba 2026.
Xenealoxía poética dun autor imprescindible • Este texto foi escrito para a presentación da antoloxía poética de Xosé María Álvarez Cáccamo, Cuatro décadas. Poesía 1983-2003, celebrada en Portas Ártabras, A Coruña, o 13 de xaneiro de 2026.
A Rede Galega de Teatros e Auditorios trinta anos despois • Historia e situación actual
De migrar e rexurdir
O senfogarismo feminino • Unha ollada cara ás violencias institucionais
Cartografía do novo urbano galego
Normas de publicación GRIAL • Grial. Revista Galega de Cultura é unha publicación orientada a reflexionar, informar e debater sobre a cultura galega e universal no senso máis amplo. É a súa pretensión fomentar o diálogo entre distintos ámbitos do coñecemento e as diferentes perspectivas de pensamento, polo que acolle traballos de interese para un público culto, xeralmente realizados por especialistas.
GRIAL • Edición dixital